Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo convida a ver un desfile de deceas de Papá Noeis en moto

Por 15 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo prepara a terceira Papanoelada moteira na que todo o que queira participar pode dar o espectáculo indo en moto vestido de Santa Claus.

A cita terá lugar o 21 de decembro, a partir das 16 horas, na Praza do Concello.

Organiza este simpático encontro o Motuclube Ruta N-634, en colaboración co Concello de Mondoñedo.

Será un día de festa que inclúe inchables, chocolatada, sorteos e regalos.