Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Espectáculo contra a violencia de xénero, este domingo en Burela

Por 16 Novembro, 2019Sin comentarios

O  vindeiro domingo, 17 de novembro, ás 18 horas, no auditorio municipal de Burela, terá lugar un espectáculo dirixido por Paula Carballeira e interpretado por Artur Trillo e Fernando Fraga.

Un espectáculo para nenos e nenas onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.

A montaxe , na que se combina palabra e música en directo, axudará a desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Paula Carballeira será a encargada de dirixir e darlle forma a esta nova aventura desde un punto de vista de xénero, que Artur Trillo protagonizará, acompañado en escena do músico Fernando Fraga, un virtuoso do acordeón. Este é o equipo nos achegará catro historias da autora Italiana Adela Turín, publicadas pola editorial Kalandraka.

As historias serán:

  • Rosa caramelo.
  • A historia dos bonobos con lentes.
  • Unha feliz catástrofe.
  • Artur e Clementina.

Esta activadade está dentro do programa de dinamización lingüística, Falaredes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística  .

A entrada será libre e para todos os públicos.