Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os socialistas, críticos co estado no que se atopa o colexio Virxe do Carme de Burela

Por 17 Novembro, 2019Sin comentarios

A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, denunciou a falla de planificación do Goberno de Feijoo coas obras no CEIP Virxe do Carme de Burela . “Xa que a dia de hoxe as alumnas e alumnos dente centro educativo están padecendo a total falla de planificación e o abandono do Goberno de Feijoo nas obras do Colexio”. Avanzou que o Grupo Socialista rexistrará novamente iniciativas parlamentarias para coñecer que é o responsable do estado do centro educativo.

“Hoxe chove dento do centro, sen que ninguén se faga responsable desta situación. E os únicos que están sufrindo estas inclemencias son os propios alumnos que teñen que estudar nesta situación lamentable”, advertiu Otero.

A secretaria provincial lembrou ademais “que o inicio de curso en educación infantil e primaria na provincia de Lugo tivo moitas incidencias, concretamente na  Mariña lucense, cando a Xunta confirmou que os tres colexios da comarca onde se están levando a cabo obras de reforma integral e mellora da eficiencia enerxética —os CEIP Nº 1 de Foz, o Virxe do Carme de Burela e o de Cervo— que empezarían as clases o próximo día 11. E hoxe novamente volvermos a denunciar que a actividade no Virxe do Carme de Burela non é a correcta”, insistiu.

Ante este panorama Otero replica que  “hai unha irresponsabilidade total por parte do Goberno de Feijoo e do PP, xa que poden poñer en risco a seguridade tantos dos alumnos como dos docentes”, advertiu.