Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello do Valadouro amañará o parque infantil de Concepción Arenal

Por 19 Novembro, 2019Decembro 10th, 2019Sin comentarios

O Concello do Valadouro vén de informar sobre o amaño que se fará no parque infantil de Concepción Arenal, ubicado no casco urbán, que xunto ao do colexio, é o máis utilizado polos cativos.

Estas obras, que se acometerán en novembro, faranse con cargo a 47.000 euros de fondos aportados a través do Plan Único da Deputación e consistirán en mudar o chan e repoñer os xogos infantís e faranse en canto o tempo o permita.

Por outra banda, o Concello segue, acondicionando varias pistas forestais e está tamén ultimando o programa de Nadal, coa tradicional cabalgata e o día de Papá Noel, se ben a idea é a de contar co colectivo de moteiros para desfilar polo pobo disfrazados de Santa Claus.