Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O adestrador burelés Juanma Marrube recibiu un galardón nos Premios Ramón Cobo

Por 23 Novembro, 2019Sin comentarios

Un ano máis, e xa van oito edicións, a Cidade do Fútbol das Rozas acolleu a entrega de galardones dos Premios Ramón Cobo. O comité de adestradores da Real Federación Española de Fútbol volveu a distinguir aos mellores técnicos dos nosos banquiños durante a tempada 2018/2019. Prémiase así o seu bo facer como adestradores, pero tamén os valores que transmiten e así, Juanma Marrube do Burela FS recibiu o agasallo como adestrador da Segunda División de fútbol sala.

O acto, que arrincou cunha visita ao Museo da Selección Española de Fútbol, celebrouse no Salón Johannesburgo do Hotel da Federación. José Ramón Cuetos Lobo, presidente do Comité de Adestradores da RFEF, foi o primeiro en tomar a palabra. Cuetos quixo agradecer a presenza de todos os asistentes e, en especial, a dos premiados. Deles, resaltou tamén a calidade humana que lles levaron a conseguir este galardón.

Ramón Cobo, fillo do técnico que dá nome aos premios, tamén estivo presente este martes no acto e foi outro dos encargados de entregar os premios, xunto ao presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales, e ao presidente do Comité de Adestradores da RFEF, José Ramón Cueto. Todos os adestradores que recolleron o seu premio puxeron o énfasis na importancia do traballo en equipo e aproveitaron para facer extensivo o seu particular Ramón Cobo ao resto do corpo técnico co que comparten o seu traballo diario.

Antes de poñer punto e final a esta VIII Edición dos Premios Ramón Cobo, o presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales asegurou que todos estes recoñecementos persoais foron máis que merecidos. “Estades afeitos pelexar no voso día a día e tendes/tedes proximidade e calidez. Sodes magníficos adestradores dentro do campo e, por suposto, tamén fóra del”, dixo Rubiales antes de proceder á tradicional foto de familia.