Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xa se coñece ao gañador do II Premio Vilar Ponte de Viveiro

Por 24 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro vén de facer publico o fallo do II Premio Vilar Ponte de Novela 2019.

O xurado composto por tres persoas vinculadas ao ámbito literario e cultural e un representante do Concello de Viveiro que actuou como secretario con voz e sen voto foron Carlos Nuevo Cal, cronistaoficial de Viveiro e mestre e hstoriador; Xoan Neira López, mestre e escritor; María Donapetry Camacho, pofesora e escritora; e como secretaria, María Rosario San Isidro Franco, traballadora do  Concello de Viveiro.

O primeiro premio correspondeu a Natalia Carou Figueira coa obra O Mal querer. Trátase dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destructor no que se ve atrapado o lector.

O premio ao finalista corresponde a Ramón Carredano Cobas coa obra Qwerty fai contraste coa novela gañadora, xa que pode resultar máis complexa a súa lectura debido aos saltos temporais do pasado, presente e futuro (o soño da viaxe no tempo). Destaca a sensibilidade sensual e poética (sabores, olores …)  combinando o respeto á natureza có progreso e os avances da ciencia.

O acto de entrega de premios será o xoves 5 de decembro de 2019 no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20.30 horas.