Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro pon a disposición varios locais para ampliar os xulgados

Por 25 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro rematou as xestións necesarias para a cesión gratuíta a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de varios locais de titularidade municipal destinados á ampliación dos xulgados e á creación dun terceiro Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

Despois dunha longa tramitación, o expediente de cesión xa está concluído. A Dirección Xeral de Xustiza, e a petición do Concello de Viveiro, concedeu un prazo de tempo para rematar de revisar os fondos bibliográficos que permanecían almacenados neses locais, onde anteriormente se ubicaba a biblioteca municipal. Estes traballos rematarán a vindeira semana.

“Agora toca reclamar a creación dese terceiro xulgado e consideramos que coa posta a disposición destes locais se atenden as demandas dos traballadores do Xulgado, cando indicaban que había pouco espazo e era necesario habilitar unha sala especial para atender as mulleres vítimas de violencia de xénero que reunise as condicións necesarias”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Dende o Concello de Viveiro se apoian as reivindicacións dos traballadores do Xulgado, “que nos foron comunicadas na Mesa de Local contra a Violencia de Xénero, tendo en conta que o volume de traballo se incrementou nun 215% segundo as cifras do Consello Xeral do Poder Xudicial”.

O Concello de Viveiro tamén requirirá á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza máis persoal para os xulgados.