Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O certame de poesía Díaz Jácome de Mondoñedo xa ten gañadores

Por 26 Novembro, 2019Sin comentarios

Xián Lois Alcayde Dans, veciño de Culleredo, foi o gañador do XX Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

O traballo presentado polo gañador que obterá un premio de 1500 euros, praca e diploma, ten por título Anoar.

O segundo premio, dotado con 600 euros, praca e diploma, recaeu na obra Unha luz de eclipse da que é autor, Aleixandre Lago Barcala, de Santiago.

Isolda Comesaña Alcarz, de Vigo, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, praca e diploma, coa obra Son da estirpe de Luperca.

A entrega do premio terá lugar o vindeiro domingo, 1 de decembro a partir das 11.15 horas no salón de Plenos do Concello coa presentación de Versos Fideis, librono que se recollen os versos premiados no Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, e o acto de entrega de galardóns.