Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Centro de Día A Concordia de Ribadeo organiza a actividade ‘Os anos que achegan’

Por 27 Novembro, 2019Sin comentarios

Alumnado da escola infantil Santa María do Campo, de Ribadeo, vanse reunir mañá, 28 de novembro, cos usuarios e usuarias do Centro de Día A Concordia. Trátase dun encontro entre nenxs e maiores para contribuír á transmisión do galego entre as distintas xeracións e celebrar unha festa arredor do outono.

A actividade desenvolverase entre as 15.30 e as 17.00 horas no Centro de Día A Concordia, onde os nenos e nenas da escola infantil Santa María do Campo participarán nunha merenda preparada polos maiores. Alí contarán un conto e utilizarán o material de xogos que fixeron eles mesmos nos obradoiros.

A iniciativa, incluída no programa APEGO, é continuidade da xuntanza que tivo lugar antes do verán, daquela xs pequenxs reuníronse coas persoas usuarias do Centro de Día.

A actividade, denominada Os anos que achegan, está organizada polo Centro de Día A Concordia e pon especial interese no contacto entre as dúas xeracións co galego como lingua vehicular.