Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Rematadas as obras para renovar as beirarrúas na avenida de Vilalba en Viveiro

Por 27 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro recepcionou as obras de reposición das beirarrúas e a rodadura entre os números 10 e 16 da avenida de Vilalba e as que se realizaron para a reposición do firme en varios camiños e pistas das parroquias.

Os traballos na avenida de Vilalba, cun orzamento de 32.117 euros, servirán para mellorar notablemente a circulación tanto peonil como rodada, así como a imaxe visual da contorna.

Pola súa parte, as actuacións para a reposición do firme, cun orzamento de 79.087,54 euros, realizaronse na pista Reboredo-Cruceiro (parroquia de San Xulián de Faro); no camiño Baixada ao Picadeiro (parroquia de San Xulián de Faro); na pista de Galea (parroquia de San Esteban de Valcarría); na pista Ribas-Galea (parroquia de Santa María de Chavín), e na pista Allares-Ponte de Poo (parroquia de Santa María de Chavín).

O Concello de Viveiro puxo en marcha nos primeiros meses do actual mandato municipal unha decena de obras para mellorar diferentes infraestruturas no centro urbano e nas parroquias, así como os servizos básicos que utilizan os veciños e veciñas.

“As obras de reforma e renovación dos servizos básicos continuarán durante todo o mandato; escoitamos as demandas da cidadanía e actuamos, dando o mesmo trato a todos os veciños”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Ademais destas dúas obras, xa finalizaron tamén a recuperación do Mirador de Monte Faro (38.203 euros) e a reposición de pavimentos e servizos existentes entre o número 16 e o Colexio San Roque da av. Benito Galcerán (43.359 euros).