Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A peña barcelonista La Balastrera, de Ribadeo, celebra o seu 10º aniversario

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

A Peña Barcelonista La Balastrera, de Ribadeo, celebrará o seu décimo aniversario o venres 29, cunha cea baile á que asistirán unha delegación do club da que formarán parte a delegada de Cultura da xunta directiva do FC Barcelona, Teresa Basilio Monné, e o ex xogador Iván Iglesias, entre outros.

O evento será ás 22.00 horas na discoteca Rosa Lar e antes, ás 19.00 horas, os representantes do FC Barcelona e os directivos da Peña Barcelonista La Balastrera, que preside Óscar Álvarez Casabella, serán recibidos na Casa do Concello ribadense polo alcalde, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz; e a edil de Cultura, Pilar Otero.

O ex xogador Iván Iglesias formou parte do primeiro equipo do FC Barcelona desde 1993 ata 1996 e gañou unha Liga e unha Supercopa en 1994. Nesa tempada marcou goles decisivos para aquel Barça adestrado por Cruyff e do que formaban parte xogadores como Guardiola, Koeman, Romario, Stoichkov, Laudrup, Amor, Zubizarreta ou Nadal.