Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo convoca o I Concurso de Karaoke

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

A concellería de Xuventude de Mondoñedo convoca o I Concurso de Karaoke Ti vales moito que terá lugar o domingo, 22 de decembro de 2019 ás 20.00 horas da tarde no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Poderán participar un máximo de 25 concursantes e as inscricións poderán facerse por teléfono, chamando ao 982 524 003, ou ben por correo electrónico; concellomondonedo@gmail.com. O prazo para inscribirse será ata o 16 de decembro de 2019.

Todos os participantes levarán a súa propia canción en pen-drive e non se aceptarán móbiles, consolas portátiles, tabletas, Ssmartphone ou calqueira outro dispositivo con función de almacenamento ou similares.

Os temas poden ser cantados en calquera idioma. e os concursantes terán un tempo límite de 4 minutos para interpretar o tema da súa elección.

Os participantes deberán presentar os arquivos de audio á entrada do Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo o mesmo día do concruso a partir das 17.00 horas.

O xurado elixirá aos gañadores en función dos criterios de pronunciación, ritmo, afinación, dificultade do tema elexido, posta en escea, coñecemento da canción de memoria, letra e interpretación.

Os premios serán outorgados pola organización do evento e consistirán en dúa categorías a infantil e a adulta.

Para a infantil os premios serán de 50, 30 e 20 euros, e para os adultos serán de 100, 50 e 25 euros.