Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Viveiro denuncia o estado do vial que enlaza San Andrés de Boimente coa estrada de A Mareleixa

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

“Hai algunhas zonas da provincia nas que non é doado vivir a causa do mal estado en que algúns concellos teñen as pistas que son da súa titularidade” así comezan realtando os populares de Viveiro.

En Viveiro, os veciños que se ven obrigados a transitar pola estrada municipal que enlaza San Andrés de Boimente coa estrada de A Mareleixa, preto da igrexa de Chavín, “pouco teñen que agradecer ao goberno municipal que preside María Loureiro” din os populares.

Así, o grupo municipal do PP, liderado por Óscar Rodríguez, presentará en breve unha iniciativa no Concello para tratar de que o equipo que preside Loureiro saia da súa zona de confort e tome as medidas necesarias para reparar este intransitable vial.

“Circular por esta estrada municipal entra dentro do terreo da tortura, porque o pavimento está totalmente esnaquizado, de tal xeito que a circulación de turismos é moi difícil e perigosa”. Segundo expoñen os veciños, o pavimento desta pista non foi reparado na última década. 

Os concelleiros populares reclaman do goberno municipal que á maior brevidade posible poña en marcha os recursos necesarios para solucionar o problema.