Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz prepara clases de baile de salón e aerobic para os veciños

Por 1 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Alfoz vén de preparar unhas clases de baile de salón e aerobic para os veciños.

Así, os luns e mércores de 20.00 a 21.30 horas na escola de Bacoi haberá bailes de salón, e os martes e xoves de 19.30 a 20.30 horas na OMIX e no pavillón as de aerobic.

Para participar haberá que inscribirse ou solitar máis informaciónno Concello.

As actividades propostas levaranse a cabo de haber un número mínimo de 20 participantes.