Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Rede Museística conmemora o Día Internacional das persoas con discapacidade

Por 2 Decembro, 2019Sin comentarios

A Rede Museística, conmemora, como cada ano, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra este martes, 3 de decembro. Baixo o lema Museos sen Límites, Museos Posibles, o Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede organiza unha serie de actividades no Museo do Mar  e na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.

Trátase de actividades pensadas para concienciar sobre a situación das persoas con capacidades diferentes en múltiples aspectos da súa vida, organizadas en colaboración con asociacións da contorna.

A Rede Museística , no seu afán de acadar un museo social, fai un traballo a longo prazo pola inclusión e a diversidade, organizando numerosas actividades adicadas aos colectivos máis desfavorecidos e invisibilizados, un labor que foi recoñecido en diferentes ocasións por parte de colectivos e asociacións.

No ano 2.000 a Rede Museística ideou o seu Plan Estratéxico Inclusivo, potenciado en 2.008 pola creación do Departamento de Capacidades Diferentes, un departamento que aboga por uns museos inclusivos e accesíbeis, adaptando o espazo, o, contido, o discurso e a montaxe; para acadar a plena integración das persoas con capacidades diferentes e alcanzar unha sociedade realmente xusta.

Neste aspecto a Rede Museística da Deputación de Lugo vai máis alá da mera prestación de servizos para persoas con capacidades diferentes e adapta os seus postos de traballo para garantir a súa inclusión, como no caso de Ángeles Miguélez Martínez, guía do Museo provincial do Mar e invidente, que impartirá a conciencia-obradoiro Rompendo límites que terá lugar o martes 3, no Museo Provincial do Mar.

O programa comezará o martes 3 ás 18.00 horas no Museo Provincial do Mar coa Conferencia-obradoiro: Rompendo límites na que participarán os usuarios da Asociación Camiña Burela.

Xa o martes 16 de 11 a 13 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos poderase ver o Obradoiro: O poder da presenza no que participan os usuarios de Cogami. Ademais haberá unha charla-obradoiro baixo o título Nin límites, nin barreiras impartido por Lorena Quintas Rejo, artista invidente.