Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Chega a Burela unha mostra fotográfica que amosa o proxecto de auga en Guinea-Bissau

Por 2 Decembro, 2019Sin comentarios

Do 2 de decembro ao 9 de xaneiro poderase visitar na Casa da Cultura unha mostra fotográfica realizada por mulleres que amosa o proxecto de auga en Guinea-Bissau. Titúlase Mindjer di Guiné.

A ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que forma parte o Concello de Burela, facilitáronlles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. O proxecto incorporaba un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas cuxo resultado pode verse na exposición Mindjer di Guiné, que se amosará na Casa da Cultura entre o 2 de decembro e o 9 de xaneiro. O horario de apertura será de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, agás entre os días 26 e o 3, que será de 9 a 14 horas.

A mostra reúne instantáneas realizadas polas participantes na formación, impartida polo fotoxornalista Sylvain Cherkaoui. As imaxes poñen en valor a interpretación que elas fan do mundo, da súa comunidade e da cooperación internacional. Cámara en man, as autoras captaron desde situacións cotiás ata a repercusión que os proxectos de desenvolvemento teñen nas súas vidas. Deste xeito, as fotografías permiten empatizar coa realidade do país lusófono desde o punto de vista da súa poboación, que loita por seguir avanzando en condicións moitas veces pouco favorables.