Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Veciños da Xunqueira, en Viveiro, manifestaranse pola limpeza do ría e a riada do ano pasado

Por 3 Decembro, 2019Sin comentarios

Por Viveiro reuniuse coa Asociación de Veciños de Xunqueira, e mostroulles o apoio do partido independente á manifestación convocada polo colectivo para o vindeiro 7 de decembro ás 12 da mañá.

Representantes da Asociación transmitiron o malestar da veciñanza de Xunqueira ante o abandono das distintas administracións, que se ben se reuniron en varias ocasións con eles, incluso coa presentación dun anteproxecto, todavía non iniciaron nin a contratación das obras a realizar, nin a limpeza en profundidade do río como consideran que é necesario.
Bernardo Fraga, Portavoz Municipal de Por Viveiro declarou á saída da xuntanza “case un ano despois da ríada de Xunqueira, só se realizaron os traballos básicos de limpeza nos días posteriores, pero as obras importantes, de limpeza do río e de mellora da zona para evitar que se volva a repetir, seguen á espera”

“Chega outro inverno, ademais con choivas abundantes, é resulta normal a preocupación das veciñas e veciños de Xunqueira pola súa seguridade” dixo.

Os independentes, mostraron o seu apoio á manifestación do vindeiro 7 de decembro e animan ás veciñas e veciños de Viveiro a secundar a marcha que reivindica unha solución inmediata para o barrio de Xunqueira.