Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A oficina de voluntariado de Viveiro deu apoio e formación a 35 nenos e 8 adultos

Por 4 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro, a través da Oficina Municipal de Voluntariado, deu ao longo deste ano 2019 apoio e formación a 35 nenos e nenas e idade escolar e a oito inmigrantes adultos.

En concreto, a oficina desenvolveu no ano 2019 o programa ‘Servizo de Voluntariado Xuvenil’, enmarcado no proxecto ‘Apoio educativo e actividades de lecer a colectivos en situación de risco’, dirixido por técnicos de Servizos Sociais e no que participaron dúas voluntarias xuvenís así como outros voluntarios e voluntarias.

O proxecto contou cun importante compoñente de sensibilización, formativo e lúdico, xa que as actividades que se levaron a cabo estaban dirixidas á impartir apoio educativo e actividades de lecer, das que se beneficiaron trinta e cinco usuarios/as en idade escolar Tamén se ofreceu a acción formativa denominada ‘Alfabetización nas linguas oficiais’ a un grupo de oito inmigrantes adultos/as.

“O 5 de decembro, celébrase o Día Internacional do Voluntariado e quero agradecer o esforzo e adicación da nosa Oficina Municipal de Voluntariado, unha gran axuda para detectar colectivos en risco de exclusión e darlles apoio desde o concello”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Para o desenvolvemento do programa deste ano, a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, e oficina municipal contaron cunha subvención da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta.

Tanto o Concello de Viveiro como a Xunta asumiron en 2019 un compromiso firme de impulso e fomento de accións orientadas á erradicación da violencia de xénero sobre a muller, no marco do Pacto de Estado en violencia de xénero.

Para cumprir este compromiso de sensibilización e prevención da violencia de xénero, Viveiro contou, ademais dos voluntarios, coa colaboración de técnicos da Asociación Mulleres en Igualdade de Burela (BUMEI), que teñen entre algúns dos seus obxectivos “realizar accións de prevención da violencia de xénero dirixidas á poboación en xeral, así como elaborar campañas socioeducativas baseadas na igualdade e no respecto intercultural dirixidas á mocidade e infancia”.