Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Acisa Ribadeo convoca unha nova edicion do concurso de decoracion do Nadal

Por 4 Decembro, 2019Sin comentarios

Neste Nadal Acisa Ribadeo reparte novamente 15.000 rueiros entre os seus hoteis asociados para dar información aos visitantes durante estas datas festivas.

Segundo explican desde a directiva de Acisa “os novos rueiros están pensados para que os hoteis poidan informar aos seus clientes de forma rápida e eficaz. Levan un listado onde están tódolos establecementos asociados, e no que se poden consultar tendas, bares, restaurantes…. E ademais proponse unha ruta turística da vila, percorrendo os principais lugares de interese”.

Este material foi editado e repartido por Acisa, en colaboración co Concello de Ribadeo, no marco das actividades conxuntas do convenio firmado entre ambas entidades.

Dende a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos cren que “se trata dunha iniciativa que é moi importante, xa que ten dous obxectivos: por un lado, aforrar custes aos hoteis dándolles materias que usan a diario, e facer publicidade de todos os establecementos asociados a Acisa”.

Na presentación dos novos rueiros participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, así como o presidente e a tesoureira de Acisa, Francisco Iriarte e Manoli Torviso, respectivamente.

O Nadal nos escaparates e no interior dos locais

Acisa  Ribadeo convoca unha nova edición do seu concurso de decoración do Nadal para comerciantes e hostaleiros de Ribadeo. A directiva de Acisa quere “con este concurso, incentivar a participación na decoración con luces e adornos navideños de fachadas e interiores de negocios, co fin de contribuír á ambientación do Nadal na nosa vila. Queremos darlles máis vida aos nosos negocios e tamén a Ribadeo”.

Convócanse dúas modalidades para participar, unha para comercio, na que é necesario decorar fachadas e escaparates; e outra para hostalaría, sendo necesario decorar fachadas e barras.

Todos aqueles negocios que queiran participar deberan inscribirse antes do dia 22 de decembro enviando un mail a info@acisaribadeo.es. A decoración deberá estar posta polo menos dende o 22 de decembro ata o 6 de xaneiro.

O xurado formado por membros de Acisa Ribadeo valorará a orixinalidade, deseño e iluminación. O premio de cada categoría é un trofeo da asociación e 100 euros en vales de compra para gastar nunha cea de empresa nun local hostaleiro asociado.

As bases do concurso pódense consultar na web e nas redes socias de Acisa.