Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz prepara un curso de uso de medicación e primeiros auxilios

Por 4 Decembro, 2019Sin comentarios

O vindeiro 5 de decembro de 16 a 20 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz un obradoiro sobre uso de medicación e primeiros auxilios.

No obradoiro falarase do uso adecuado e responsable da medicación, e da atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes como traumatismo, dificultade respiratoria, dor torácica, queimaduras, perda de coñecemento, diabetes, reaccións alérxicas, RCP básica…

Ao final, entregarase un certificado de asistencia.

Para poder participar é necesario inscribirse no Concello de Alfoz ou no número de teléfono 982 558 001