Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo organiza varios concertos para este mes

Por 5 Decembro, 2019Sin comentarios

A Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo organiza varios concertos para esta tempada de Nada.

Así, comezará o venres 6 cun concerto de Leo Arremecáchona ás 22 horas, e ao día seguinte será a quenda de Laura Lamontagne&Pico Amperio ás 20.30 horas.

O sábado 21 ás 20.30 horas será a actuación de Crooner 432, e o día 28 Xurxo Souto presentará a A Gran Travesía de Chiruca Macallás.

Xa para pechar o ano, o martes 31 a partir da 1.30 horas haberá unha festa de aninovo amenizada por Zé Pequeno.

A Sacabeira, é un café cultural creado por Alba Fernández e Bruno González coa idea de convertilo nun espacio de interacción sociocultural.