Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os socialistas denuncian que a Xunta “non executou un euro” en dez anos para VAP

Por 7 Decembro, 2019Sin comentarios

O parlamentario socialista José Manuel Pérez Seco reclamoulle ao goberno galego que desbloquee a Vía de Altas Prestacións –VAP- Costa Norte, comprometida en 2001 e que tiña que estar en funcionamento entre 2015 e 2017. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que advertiu que a Xunta “non expropiou un metro nin executou un euro” en dez anos de goberno de Feijóo.

Pérez Seco denunciou que o goberno de Feijóo “nunca apostou” por unha vía de comunicación concibida para “vertebrar e mellorar a mobilidade e a competitividade dos veciños e veciñas da comarca de Ortegal e da Mariña luguesa”. Afeoulle á conselleira de Infraestruturas que teña incluído a obra no Plan Move 2009-2015 para deixalo “soamente nunha boa intención de publicidade e propaganda”.

Lembrou que a VAP Costa Norte, concibida polo goberno de Fraga e con Cuíña como conselleiro para conectar Ferrol e Foz con infraestruturas en condicións adecuadas, só tivo reflexo real no DOG co goberno presidido por Emilio Pérez Touriño. Aquel Executivo licitou, lembrou, os dous únicos dous tramos hoxe en servizo, que son a circunvalación de Ortigueira e o tramo Xove – Celeiro.

A partires daquela, coa chegada de Feijóo ao goberno galego aquela infraestrutura, esencial para conectar máis de 300.000 persoas, así como as mercadorías e o tecido produtivo asentado no Norte de Galicia, foi “esquecida”. Esixiulle ao goberno galego a cumprir coa planificación prevista, que inclúe 67,3 quilómetros de estrada cun orzamento de 322 millóns de euros que tiñan que estar en marcha dende hai dous anos.