Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Viveiro porá a disposición dos veciños autobuses gratuítos para acudir á concentración por Alcoa

Por 9 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro, entre outros concellos, tal e como se acordou na reunión co comité de empresa celebrada o pasado xoves, co fin de continuar coas reclamacións das medidas que garantan o emprego da factoría cervense.

Porá a disposición dos veciños e veciñas de Viveiro autobuses gratuítos para acudir á concentración que terá lugar en Lugo, o sábado 14 de decembro, ás 12.00 horas, con saída dende a estación de autobuses ás 9.30 horas. As persoas interesadas en facer uso deste servizo deben anotarse no número de teléfono 982 560 128 (Concello de Viveiro).