Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo prepara un amplo programa de Nadal

Por 10 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de presentar o seu programa de Nadal, así o 14 de decembro será o I Mercado de Nadal de Sargadelos de 10 a 20 horas na sala de exposición de Sargadelos, no que haberá música e comida para os asistentes, ademais de postos de artesanía.

O 22 de decembro será a Gala de Nadal ás 18.00 horas no auditorio da Casa da Cultura. Nesta Gala haberá unha actuación de corais, música tradicional, baile galego, e pandereiteiras a cargos dos diferentes grupos do Concello.

Xa o 24 será a Noiteboa Infantil ás 16.30 horas a cargo da asociación Fervenza de Sargadelos, coa colaboración do Concello de Cervo.

O 3 de xaneiro chegará a Festa acuática infantil na piscina municipal de Liero. É unha actividade de balde e será de 17 a 19 horas.

O día 5 de xaneiro será a esperada Cabalgata de reis en San Ciprián, que sairá ás 18.00 horas do pavillón da Veiga e de Cervo ás 19.00 horas das Escolas Vellas). A continuaición farase o estreo teatral do Grupo de teatro O Bordelo, no salón de Plenos.

Ademais Papá Noel visitará os colexios do municipio e a Escola Infantil Municipal, e haberá diferentes actuacións e cine ao longo do Nadal.

Tamén haberá un programa de Concilia no Nadal para os nenos de entre 3 e 12 anos, na Casa do Mar de San Ciprián. Este programa será para os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3 de xaneiro; de 9.00 a 14.30 horas.

Ademais poderase participar nos Enredos do Nadal, que serán no Ecomuseo de Cervo e na Casa do Mar de San Ciprián. Será de 11..0 a 12.30 para infantil e de 12.30 a 14.00 horas para primaria. Este programa será os días 23, 26, 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro.

Por último, Xuventude no nadal, voltará os días 23, 26, 27 de decembro ao pavillón da Veiga, e son actividades para mozos a partir de 12 anos.