O I Mercado de Nadal de Sargadelos será este sábado

Este sábado, 14 de decembro, terá lugar o I Mercado de  Nadal de Sargadelos, na sala de exposicións do Complexo Histórico Artístico.

A cita, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 20:00 horas, está organizada por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.

Instalaranse diferentes postos de artesanía, de roupa, de cosmética natural, de comida…e haberá música durante toda a xornada.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: