Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Viveiro anima a potenciar feiras e mercados

Por 11 Decembro, 2019Sin comentarios
O BNG de Viveiro anima a potenciar feiras e mercados, a consumir produtos galegos, pero porriba de todo a facelo no comercio local, sector básico da nosa economía.
“Levamos tempo alertando da imposición dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados. Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, de humanizar cidades e impedir a desertización das nosas vilas. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade” din dende o BNG de Viveiro.
No BNG apostan por prestixiar os produtos primarios e por facilitar a súa comercialización. O seu obxectivo é “que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que a actividade agraria, a súa transformación e comercialización sexan un elemento de xeración de emprego e dinamización económica, que tanta falta fan”.
No BNG apostan por incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega. Opoñerse á instalación de grandes superficies comerciais, recuperar os mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais, promover a produción alternativa e ecolóxica, impulsar unha marca de calidade dos produtos da horta galega ou regular os horarios comerciais entre outras medidas.