O Praias de Barreiros organiza unha campaña de recollida de alimentos

Desde o Praias de Barreiros en colaboración co Concello, preparan unha recollida de alimentos este vindeiro sábado 14.

Esta recollida será durante todo o día coincidindo con a multitude de partidos que haberá no Municipal de Barreiros.

Toda persoa que queira colaborar para que os mais necesitados o pasen un pouco mellor este Nadal, pode facelo.

Preferentemente necesitanse conservas, aceite, e produtos xa elaborados, pois tamén hai persoas con pobreza enerxética, pero recomenda calquera cousa non perecedeira.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: