Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As Tanxugueiras actuarán en Burela este sábado

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

 Este sábado, 14 de decembro, terá lugar en Burela un concerto de Tanxugueiras. Será na Casa da Cultura ás 21.00 horas. A actuación enmárcase na axenda cultural de decembro do Concello. 

Este grupo de pandeireteiras presentará o seu segundo traballo titulado Contrapunto, no que presenta dez temas siameses, dez caras e dez cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que Tanxugueiras mantiveron vivas ata hoxe.

Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío acompañan as súas voces e pandeiretas coas percusións de Isaac Palacín.

O grupo acadou o pasado ano o premio ao mellor álbum galego do 2018-Premios MIN de la Música Independiente, Premios Martín Códax da Música Folk e Tradicional, e o recoñecemento Mellores Músicas de Galiza 2018 por Que non mo neguen – Certame aRi(t)mar Galiza e Portugal.