Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela acollerá a Gala Solidaria Burela – Cabo Verde Djunta Mô o día 28

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

A Casa da Cultura Tabanka en colaboración con Concello de Burela A.C. Fanto Fantini, Observatorio Mariña Pola Igualdade e Acia e baixo a batuta do músico burelés Manolo Maseda , organizan a Gala Solidaria Burela – Cabo Verde Djunta Mô (Xuntando as mans), que será o día 28 de decembro ás 20.30 na Casa da Cultura burelesa.

Esta é unha gala solidaria que ten como finalidade reforzar a convivencia entre todas e cada unha das culturas que existen na vila mariñá de Burela, así como recadar fondos para mellorar as condicións dunha escola en Porto Mosquito, en Cabo Verde, e financiar unha operación visual a un dos artistas convidados neste evento Alex Djimmy.

Un encontro artístico entre mulleres e homes de Cabo Verde e Galicia e que contará con artistas como Guadi Galego, Ugia Pedreira, Lola de Ribeira, As Moreninhas, Alex Jimmy e a Banda Krioula serán os convidados de Batuko Tabanka.

A actriz Rosalía Castro será quen conduzca o evento. As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, estan á venda na Cervecería-Vinoteca O Traste, Contraste Food & Drinks, Hotel Nordés, Parrillada De Jandro, Cerveceria Kiko, Atrezzo CAFE e Cafetería Vista Alegre.

Tamén están dispoñibles on-line na plataforma entradium: https://entradium.com/events/djunta-mo

Na mesma plataforma está habilitada unha fila 0 para todas aquelas e aqueles que queirades colaborar.