Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Teatro, marionetas, exposicións e moita maxia para os máis pequenos no Nadal de Viveiro

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro xa fixo pública a súa programación cultural para o Nadal 2019/2020, con numerosas actividades para todas as idades.

Nas próximas datas haberá teatro para os máis pequenos, marionetas da man do grupo Trécola, obradoiros como o ArteNadal e o tradicional concerto da Banda de Música.

A programación ten en conta, como non podía ser doutra maneira, a época do ano, coa Festa de Papá Noel o día 24 de decembro pola tarde ou a cabalgata de Reis do 5 de xaneiro, que sairá de Celeiro e chegará á Praza Maior de Viveiro.

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, destaca “a diversidade da programación, planificada para que os nosos veciños e veciñas, independentemente da súa idade, poidan disfrutar das actividades”.

Ademais, haberá unha actividade na biblioteca ás 12 horas baixo o título Xogando no Nadal, e tamén un concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Viveiro ás 21.00.

Os días 23, 24, 26, 27 e 28 ArteNadal estará na sala de exposicións do Conservatorio. Para esta actividade é necesaria inscrición no 654 208 333 e será en horario de 10.30 a 12.00 de 4 a 7 anos, e de 12 a 13.30 de 8 a 12 anos.

Esta axenda cultural da concellería xestionada por Lara Fernández únese ao Belén Viveiro ante o berce, o Belén de Bágoas da Terra na Biblioteca o 26 ás 18 horas, o mercado A Trastenda de Nicómedes o día 20 ás 17 horas ou as visitas guiadas organizadas polo concello.

Xa en xaneiro haberá moito teatro, así o día 2 Bubble representará Burbuja ás 20.30 horas, o día 3 Marionetas Trécola fará O Agasallo de Anya ás 18.00 horas e o día 4 ás 20.30 será Le Cirque de Lafayette Company.

Este ano, Viveiro tamén conta cun alumeado de Nadal ampliado. “Intentamos distribuír a iluminación por todo o concello, dentro das nosas posiblidades e instalando algún elemento no maior número de puntos posibles”, engade a alcaldesa.