Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro renova o pavimento do pavillón municipal cun material de última xeración

Por 15 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro renova o pavimento do pavillón municipal, unhas obras que están en marcha agora mesmo e servirán tamén para pintar o interior das instalacións.

O importe do proxecto foi de 134.000 euros e a obra faise con cargo ao Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019 da Deputación de Lugo. O novo pavimento é de madeira de haya maciza, cunhas condicións idóneas para a práctica deportiva.

O pavillón polideportivo municipal, construído a principios da década dos 80, acolle numerosas actividades deportivas, o que implica un forte desgaste das instalacións polo uso.

“Esta actuación xorde pola demanda dos clubes deportivos e da necesidade de reposición dun pavimento deportivo que, pola súa antigüidade, se atopaba nunha situación precaria”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Para o Concello de Viveiro, o deporte e o fomento dos hábitos de vida saudables son prioridades na súa acción de goberno. Cada ano son máis os veciños e veciñas de todas as idades que practican algún tipo de modalidade deportiva.

Na pista do pavillón se practican habitualmente fútbol sala, balonmán e baloncesto, ademais doutros deportes que non requiren de marcaxe no chan, como a ximnasia rítmica.

O Concello de Viveiro agradece a todos os clubes deportivos que entrenan habitualmente no pavillón a súa comprensión á hora de cambiar os horarios para poder realizar as obras.