Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Goberno respondeu á carta enviada hai unhas semanas polo presidente da Fcam

Por 17 Decembro, 2019Sin comentarios

Presidencia do Goberno ven de responder á carta enviada hai semanas polo presidente da Fcam, José Carlos Paleo, amosándolle o seu apoio e o do comercio mariñán a Alcoa. A misiva ven asinada polo Departamento de Comunicación con los Ciudadanos da Presidencia do Goberno do Estado. 

A Fcam envioulle a Pedro Sánchez 5.000 cartas o pasado o 30 de outubro, dentro da campaña de apoio a Alcoa, posta en marcha pola propia Federación de Comercio A Mariña e distribuíu miles entre os seus asociados e asociadas para que as repartisen entre a súa clientela, para que a título individual tamén fosen remitidas ao presidente do Goberno. Foron centos de veciños e veciñas os que as recolleron no comercio mariñán, puxéronlles o remite, seláronas e mandáronas ao Palacio da Moncloa. 

A principios de decembro varias persoas de Ribadeo e de Foz, entre outras localidades, comezaron a recibir nos seus domicilios a resposta da Presidencia do Goberno ás súas demandas, tal e como acaba de acontecer agora co presidente da FCAM, José Carlos Paleo. Nesa carta dise que “por lo que respecta a la empresa Alcoa y su planta de San Ciprián, cabe recordar que en los últimos años ha recibido una importante inversión a través de diversos mecanismos. Esto es clara muestra del compromiso del Gobierno con la mejora de la competitividad de las plantas industriales españolas, especialmente de Alcoa, y de los esfuerzos en la creación de un entorno estable y predecible para su mantenimiento en España”. 

E engaden “asimismo le indicamos que el Ministerio de Industria, Comercio y Turismo ha aprobado recientemente, entre otras medidas, más de 170 millones de euros destinados a la compensación de costes indirectos de CO2 para las empresas en las que, como Alcoa, el precio de la energía tiene un componente fundamental en su estructura de costes”. 

A carta remata: “agradeciéndole su confianza, así como la amable invitación que dirige al Jefe del Ejecutivo para visitar su comarca, le hacemos llegar un cordial saludo”. 

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, manifestou: “agradecemos a  resposta, e esperamos con impaciencia que se tome a decisión que garantice o presente e futuro da fábrica”.