Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A alcaldesa de Viveiro solicitou a Augas de Galicia o Plan específico río Fontecova

Por 18 Decembro, 2019Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro tivo unha reunión coa presenza de Augas de Galicia, a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e a Asociación de Veciños de Xunqueira, na que se entregou o Plan específico de xestión do risco de inundación da ARPSI Fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova (Viveiro). Memoria decembro 2019.

Esta Alcaldía deu traslado deste documento aos voceiros dos grupos políticos con representación municipal e convocou dúas reunións co obxectivo de avaliar o seu contido e valorar as propostas realizadas.

Nese informe ofrécense os resultados da valoración conxunta da análise multicriterio das tres alternativas en función dos cinco aspectos considerados (coste beneficio, ambiental, social, nivel de protección e temporal), resultando ser a alternativa A a que conta con maior puntuación.

En base a isto, na reunión celebrada, os voceiros dos partidos políticos con representación municipal (PSOE, PP, Por Viveiro, BNG e Son Viveiro) acordaron por unanimidade solicitar a Augas de Galicia, aos efectos de poder contar con toda a información necesaria para amosar dende o Concello a conformidade a unha ou outra opción.

Ademais, pediron que se volva a analizar tecnicamente a viabilidade da opción de manter a ponte medieval e que se elabore, valore e puntúe unha nova alternativa coas actuacións contempladas na alternativa A, a excepción do mantemento da ponte medieval.

Tamén se solicitou un informe previo á Dirección Xeral de Patrimonio sobre a proposta de eliminación da ponte medieval e construción dunha nova ponte, segundo se plantexa na alternativa A, aos efectos de axilizar os tempos e segundo a demanda da asociación de veciños de Xunqueira.

Por outra banda, pediron que se valore a catalogación do río Fontecova, aos efectos de poder esixir a corta nunha distancia de 15 metros, tendo en conta o seu caudal, pendente e calado, así como a importante masa arbórea existente na súa colindancia. E que se realice unha valoración económica da totalidade das actuacións que cómpre executar, aos efectos de elaborar un proxecto completo de todas as obras incluíndo o custe íntegro no presuposto base de licitación, para poder establecer o financiamento a asumir por cada unha das administracións (tendo en conta que no documento soamente se valoran unha parte das actuacións propostas).