Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz acolle unha charla sobre consumo no Nadal

Por 18 Decembro, 2019Sin comentarios

O venres 20 de decembro, de 16.00 horas a 17.00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar a charla participativa Compra segura no Nadal, dirixida a maiores de 18 anos que pretende afondar nas vendas a distancia e nos dereitos das persoas consumidoras.

Esta actividade enmárcase dentro do Programa InfoNadal Consumo, e​ é unha actividade gratuíta, aberta ao público en xeral na que non é preciso inscribirse previamente.