Nadal

Por Noel López Pinín

Ola estimados lectores e lectoras, o inverno xa afincou entre nós e o espírito do Nadal está a chamar as nosas portas. O Nadal é una época do ano moi esperada por nenos e maiores, pero que a moitos de nós cáusanos dor de cabeza en só pensar nos excesos destas datas. Voltean os amigos de fora, reencontrámonos coa familia, ceas de empresa…e todo iso como bos galegos celebrámolo comendo e bebendo.

Queremos que saibades que é posible seguir mantendo o voso peso ou incluso perdelo nestes días, sobre todo para aqueles que estades a dieta.

Entón, a pregunta é, como sobrevivir a estes excesos sen gañar 3kg-5kg nas vindeiras festas?

Hoxe damos algúns consellos para axordarvos a sobre levalo da mellor maneira posible, pero que ademais poidades gozar das comidas e ceas na mellor das compañías e sen culpabilidade.

O alcohol

Brindar forma parte destas datas e unha copa de viño acompaña moi ben unha carne ou peixe. O problema está cando abusamos do alcohol sen control, os estragos no noso fígado hai que sumarlle as calorías vacías, é dicir, a súa falta de aporte nutricional.

Recomendamos limitar o seu consumo a esas ceas ou comidas puntuais e substituílo o resto dos días por auga ou infusións.

A quen lle amarga un doce?

A todos nos gusta un bo turrón, bombóns, polvoróns, panettones, … Non temos porque prescindir deles, pero unha alternativa é recorrer a aqueles produtos ecolóxicos, é dicir, apostar por unha mellor calidade dos produtos, aqueles con menos aditivos ou incluso menos azucre. Están igual de bos e o noso corpo agradecéranolo.

Auga

A auga é un pilar fundamental en calquera dieta e para combater non só os efectos do alcohol, se non tamén das comidas moi copiosas, debemos beber moita, sobre todo nos días posteriores as comidas navideñas.

O fin e a cabo, non debemos esquecer que somos maioritariamente auga.

Máis vale que sobre que que falte

Outro dos problemas que nos atopamos despois das ceas do Nadal ou Ano vello, son a sobras das comidas que pasamos a comer durante os seguintes días ou semanas.

A mellor solución para evitar caer nesa tentación é calcular mellor as racións para cada un dos comensales ou conxelar o sobrante para outra ocasión. 

Evitamos así enviar ó lixo o sobrante ou pegarnos atracóns innecesarios.

Exercicio

Outra maneira de compensar os excesos é sumarlle unha sesión extra de exercicio a nosa rutina, tanto nos días previos como posteriores.

Facer exercicio queima calorías e polo tanto axudaranos a librarnos de esas calorías sumadas con cada comida.

Máis infusións e máis verde

O noso sistema dixestivo estará resentido durante estes días polo que axudarlle con infusións dixestivas e depurativas é fundamental. Ademais de aumentar a inxesta de máis verduras e froitas.

Optar por una dieta “detox” nos días seguintes é unha solución para compensar.

Programar as comidas

Repartir en cinco comidas evita que piquemos fora de horas. Ademais é importante programalos menús para que chegado o momento do xantar ou cea non teñamos alternativa posible, e teñamos que ceñirnos o menú previamente establecido.

Mastiga pausadamente

O estómago tarda entre 15-20 minutos en informar o noso cerebro de que está saciado. Polo que comer moi rápido, fai que sempre comas por riba do necesario. Mastigar pausadamente, gozar da compañía cunha boa charla ou beber pequenos sorbos de auga o longo da comida, son trucos que serven na dixestión, e contrrolamos así a cantidade de comida.

Non abandoala dieta

Por experiencia nas nosas consultas, moitos pacientes deciden pausala asesoría nutricional durante esta época do ano. Dan por feito que cos excesos non lograrán baixalo peso desexado e polo tanto consideran que non merece a pena seguir, e prefiren retomala á volta do Nadal.É un erro, e polo tanto desaconsellamos facer isto.

Calquera persoa que está baixo a supervisión dun profesional da nutrición, debería seguir mantendo as pautas durante estas datas, lograrán que o seu nutricionista ou dietista os axude a mantelo peso ou incluso baixalo.

Para rematar con este artigo colaboramos deixándovos unha dieta tipo que podedes seguir nos vindeiros días os excesos e que esperamos que vos axude. É importante recalcar, que esta dieta só é para facer durante os dous días posteriores as comidas máis copiosas, debido o seu pobre aporte nutricional e calórico. Dicir que unha vez superado con éxito período Navideño, debemos pasarnos a unha dieta rica en verduras, froita, legumes, cereais integrais e graxas saudables.

DIETA TIPO

Almorzo: té verde + piña + iogurt con canela  en polvo e copos de avea

Media mañá e media tarde: infusión diurética  + 1 peza de froita  + puñadiño de froitos secos naturais

Xantar e cea : Verduras + peituga de polo/peixe branco/ francesa de 2 ovos + piña con canela

Recordade non culparvos, o final o importante é celebralo rodeado da familia e amigos e gozar de cada un deses momentos.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: