O frío entra polos pés

Por Yaiza Puente Arias

O eritema pernio, coñecido vulgarmente como sabañón, é un trastorno inflamatorio da pel relacionado cunha resposta do sistema vascular anormal ante a exposición ao frío e a humidade.

A temperatura corporal normal oscila entre 33 ºC e  36 ºC, pero cando ésta cae por debaixo dos 31 ºC prodúcese unha vasoconstricción  severa. Se a isto lle sumamos un condicionante de humidade ambiental; a conductividade térmica do corpo, a pérdida de calor interna e a resistencia á conxelación, aumentan. O dano producido na pel por unha exposición ao frío e á humidade intensa, produce una lesión no tecido, cunha reacción inflamatoria secundaria que coñecemos como sabañón.

A miúdo aparecen nos dedos das mans e nas dedas dos pés, aínda que tamén poden aparecen no lóbulo da orella ou no nariz.

O eritema pernio foi descrito por primeria vez a finais do S. XIX polo dermatólogo estadounidense William Thomas Corlett. Nesa época era unha enfermidade moi común na poboación. De feito describeuse que na Segunda Guerra Mundial o 50% das mulleres padecían “sabañóns”. Co paso dos anos, a implementación da calefacción e a aparición de materiais de construcción aislantes reduciron a incidencia desta patoloxía practicamente por completo.

Certo é que nestes últimos anos estamos presenciando un repunte de eritema pernio. Pero, ¿con qué o podemos relacionar?, ¿cunha disminución de recursos en moitas familias?, ¿pode estar relacionado coa aparición doutras patoloxías?, ¿influen a idade ou o sexo?, ¿ influen os hábitos sociais?

Hay certos condicionantes que poden facer que aparezan os temidos sabañóns. Falemos deles:

O sexo e o peso son factores de risco para sufrir sabañóns durante o inverno. Está comprobado que as mulleres xóvenes e as persoas con baixo peso teñen maior tendencia a sufrir esta patoloxía.

Outro dos factores de risco son padecer certas enfermidades coma artritis reumatoide, vasculitis, enfermidade de Raynaud ou lupus.

Os fumadores e as persoas con antecedentes familiares teñen máis probabilidade  tamén de sufrir esta patoloxia.

Pero, cales son os síntomas?

Os síntomas máis frecuentes son a presencia de placas vermellas violáceas na pel das mans e  dos pés, podendo chegar a aparecer tamén ampollas. Un signo moi característico é a sensación de ardor, picor, dor e hinchazón na zona afectada. Cabe destacar que nos casos máis graves poden aparecer ata úlceras na pel.

Como podemos evitar a aparición dos sabañóns?

O principal é evitar a exposición a temperaturas extremadamente frías. Debemos usar calcetíns de fibras naturais como a lá ou o algodón que protexan ben os nosos pés. É preciso que cubran ben toda a superficie do pé sobrepasando a altura do tobillo. Se fora necesario poderiamos utilizar doble calcetín se consideramos que as temperaturas van a ser moi baixas.

Evitar pasar tempo parado en temperaturas frías, mover as pernas e os pés de forma continua fará que se active a circulación sanguínea e disminuirán as probabilidades de sufrir sabañóns.

¡¡Evita o tabaco!! xa que aumenta a resposta inflamatoria da pel ao frío. Se aínda non deixache de fumar, busca axuda. Será unha gran decisión na túa vida.

Expoñer as mans ou os pés a fontes de calor, coma estufas ou radiadores, despois dunha intensa exposición ao frío tamén poden pode aumentar as posibilidade de crear un proceso inflamtorio na pel.

Aposta por un calzado impermeable, cunha sola aislante e con debuxo para un maior agarre a superficie. A zona dianteira do calzado precisa ser flexible para permitir unha boa deambulación.

Sigue unha dieta adecuada e realiza exercicio de forma habitual para manter o sistema vascular en boas condicións.

Hoxe en día existen certos tratamentos no mercado que melloran por completo a calidade de vida das persoas con sabañóns.

Por iso, se sufres sabañóns non dudes en acudir ao teu podólogo de confianza que che axudara a resolver por completo esta patoloxía tan molesta.

Etiquetas