Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

En Marea reclama a intervención do Igape para solucionar a situación de Muebles Hermida

Por 21 Decembro, 2019Sin comentarios

O voceiro de En Marea, Luís Villares, reuniuse co comité de empresa de Muebles Hermida para coñecer a situación na que se encontra a empresa e para explicarlles as propostas para solucionar a actual crise, propostas que serán defendidas por En Marea no Parlamento de En Marea. A liña de actuación que defende En Marea para a situación desta empresa e da súa plantilla, que leva catro meses sen cobrar os salarios, é a da intervención da Xunta por medio do Igape, unha intervención que debe ter, segundo o voceiro de En Marea, dous sentido, recuperar a empresa e conseguir que os traballadores cobren.

Para estas dúas accións, Villares explicou a necesaria intervención do Igape. “No primeiro caso -segundo Villares- o Igape debe promover un cambio na dirección da empresa, toda vez que está comprobado que o problema de Muebles Hermida é de xestión e non de produción, nin de ventas”. O voceiro apuntou que o Igape “pode propiciar que a empresa cambie os métodos de xestión e deste xeito recuperar unha empresa tan importante”.

A segunda liña de acción que propón En Marea busca solucionar a situación da plantilla e os catro meses de atrasos, pero tamén abrir unha solución para a plantilla de empresas que se encontren en situación similar. Villares explicou que o Igape “debe adiantar á plantilla os cartos que cobrarán no futuro como resultado do proceso concursal”. Deste xeito, segundo o voceiro, “evitaríase que as familias das plantillas permanecesen sen cobrar uns cartos que lles corresponden e que tardan debido ao proceso do concurso”. Para o Igape “este adianto de cartos non ten custe financeiro, posto que ten asegurado a recuperación dos cartos en canto se resolve o proceso”.