Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Trabada organiza un campamento infantil para Nadal

Por 21 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Trabada organiza un campamento infantil durante o período non lectivo de Nadal (dende o luns 23 de decembro a ta o martes 7 de xaneiro) coa finalidade de contribuír e facer máis doado a conciliación da vida familiar e laboral.

Neste período realizarase a programación polas mañás, en horario de 10 a 14, a excepción dos venres que será en horario habitual (de 16 a 20) xa que nestas datas tamén se mantén a programación do transporte gratuíto aos cursos de natación á piscina de Ribadeo.

Este domingo, 22 de decembro ás 12 horas, o Club Trabada Futsal fará unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para repartir coas familias máis vulnerables do Concello, ao mesmo tempo que disputan o último partido de fútbol sala deste ano.

O sábado, 28 de decembro ás 11h levaremos a cabo un curso de cociña a cargo de Bruno Pena Arnaú no que trataremos a cociña aplicada a intolerancias e alerxias alimentarias.

Pola tarde,  ese mesmo día, a asociación cultural Os Tres Pés achegará aos máis pequenos o Apalpador.

O sábado, 4 de xaneiro, como todos os primeiros sábados de mes, ás 21 na Casa da Cultura contaremos coa representación da obra de teatro O que armou unha zoca do grupo  A Adala.

O domingo, 5 de xaneiro, a asociación Cultural O Picato organizará a tarde de Reis en Trabada.

A alcaldesa destaca a importancia de esta axenda cultural durante o Nadal, coa finalidade de unha vez máis, contribuír a conciliar a vida familiar e laboral así como achegar a os veciños do noso Concello unha oferta cultural, xa que sen dúbida, é símbolo de un pobo dinámico e desenvolto.