Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo organiza unha festa de Noiteboa Infantil

Por 22 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo organiza unha festa de Noiteboa Infantil.

Nesta festa, que comezará ás 16.30 horas haberá xogos de Xogando Nas Nubes, música e baile con Mamá Cabra ás 18.00 horas, chocolatada e unha visita de Papá Noel ás 19.30.

Ademais, poderanse degustar uns deliciosos biscoitos e rosquillas feitas polo alumnado do Colexio de Cervo para recadar cartos para a excursión á neve.

Tamén haberá sorteos no Caseto de Copa e na Pousada O Almacén.