Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Vicedo organiza unha viaxe a Xuvenlugo

Por 24 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concelo do Vicedo organiza unha viaxe a Xuvenlugo para o sábado 28.

Así, os pequenos desfrutarán de todas as actividades que ofrece esta actividade como pista de minigolf, pista de slot, xogos de psicomotricidade, lectura, contacontos e moitas sorpresas.

Tamén conta con atracción como o tren da bruxa, saltamontes, scalextric. touro mecánico, noria ou unha pista de fútbol indoor 3×3.

A saída desta viaxe será ás 14.45 horas da casa da cultura do Vicedo e volverase ás 20.00 horas.

Para participar é necesario anotarse antes do día 27, e é unha actividade dirixida a nenos de 3 a 17 anos.