Skip to main content
ActualidadeAlfozO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz sufriu un derrube

Por 27 Decembro, 2019Sin comentarios

A asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz sufriu un derrube nas súas instalacións polo temporal Fabien.

Así, os integrantes do refuxio continúan coas labores de atopar acollidas temporais para os cans que alí se atopan. Xa foron recollidos varios coa colaboración de diferentes protectora de Sarria, unha clínica de Viveiro e particulares.

Estes días informaron de que “as instalacións son un caos, e unha voluntatia resultou ferida levemente neses momentos, os animais estaban asustados e tiñamos que sacalos de alí”.

O refuxio conta con 16 cans dos cales tres necesitan acollida con experiencia, tamén lembran que necesitan axuda económica para pagar as residencias para algúns dos cans, por iso teñen aberta unha conta en Abanca.

Para calquer información haberá que poñerse en contacto nos teléfonos 647 777 848, 630 828 781 e 687 629 049.