Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viaqua realizou a tradicional entrega de xoguetes polo Nadal ao Concello de Viveiro

Por 27 Decembro, 2019Sin comentarios

A empresa concesionaria do servizo de auga municipal, Viaqua, fixo como cada ano a súa entrega de xoguetes ao Concello de Viveiro.

Os xoguetes entregados son para os nenos e nenas de ata 12 anos que, atendidos dende os Servizos Sociais do Concello de Viveiro, participan nos seguintes programas: ‘Educación familiar’; ‘Apoio educativo e actividades de lecer a colectivos en situación de risco’, e ‘Apoio psicopedagóxico con menores inmigrantes con dificultades co idioma e de adaptación cultural’.

Á recepción dos xoguetes entregados por Viaqua asistiron, ademais de prepresentantes da empresa, a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Baamonde, e traballadoras sociais do Servizo de Benestar Social do Concello de Viveiro.

“Desde o concello, agradecemos a colaboración e a implicación das empresas encargadas dos servizos públicos municipais nunha época do ano tan especial para os máis pequenos”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.