Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro rematará a programación cultural do ano con maxia

Por 27 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro rematará a programación cultural do ano con maxia, así, o sábado 28 no teatro Pastor Díaz ás 20.30 horas haberas varias actuacións.

Comezará o Mago Rafa, que é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 20 anos traballando con dous obxectivos comúns, divertir e sorprender. Seguirá o Mago Teto, un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa mocidade. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. E por último Lautaro, un ilusionista arxentino que leva media vida dedicado en corpo e alma a esta profesión. Conta na súa palmarés con varios premios Nacionais de Maxia.