Skip to main content
Sin categoría

Foz segue co obxetivo de crear un Museo do Mar

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Foz segue co seu obxetivo de crear un futuro Museo do Mar é que a historia de Foz non se perda.

Así, constituiuse unha asociación que o concelleiro de mar, Francisco Xavier Fanego, apoia para que vele pola conservación do patrimonio local que vai desde apeiros, poxas de peixe ou outros aparellos marítimos.

Como presidente resultou elixido Salustiano Niñe, que é un dos impulsores do proxecto ademais de resturar varias das pezas. Francisco Fanego é o secretario, Simeón Neira e o tesoureiro e os vogais son Silvia Fiallega, Richard García, Marcos Fernández, Miguel Níñez, Carlos García, Fernando Fernández Pandeirada, Narciso Rodríguez e Salustiano Alonso.

“Hai moitos veciños que teñen aparellos na casa, que poderían terminar na basura, polo que haberá que apoiar a creación deste museo” din os membros da asociación. Francisco Xavier Fanego sinala que aínda que este foi un paso importante terán que seguir varios máis ata ver o centro en marcha.

Espérase poder instalar as pezas no local da antiga lonxa, onde os restauradoes seguen coa rehabilitación das pezas que lles chegan, entre elas o tambor que presidiu a poxa de peixe local durante décadas, un bombo de madeira, que recuperaron dun almacén municipal.

Este aparellos son importantes para a cultura focega xa que a xente nova non a coñece e porque forman parte da historia dos seus avós ou familiares.