Viveiro preparase para a San Silvestre

O club de atletismo CD Egovarros de Viveiro en colaboración co Concello organizan a carreira de San Silvestre da vila.

Esta proba deportiva será o martes 31 de decembro 2019 ás 16.00 horas.

Dará comezo coas carreiras de categorías de menores, para despois ás 16.30 comezar a carreira absoluta.

A saída e a meta estará situada na praza Maior, e as inscricións poderán facerse ata o domingo 29 no email egovarros@gmail.com ou no teléfono 982 59 81 60.4

Ao final da proba haberá un sorteo de regalos entre todos os participantes.

Etiquetas