Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os nenos de Xove despedirán o 2019 ás 12 do mediodía na praza do Centro Cívico

Por 31 Decembro, 2019Sin comentarios

Para rematar o ano continúa o amplo programa de Actividades de Nadal do Concello de Xove, neste caso dedicado aos nenos.

Así, ás 11.00 horas haberá unha Festa Infantil de Fin de Ano con diferentes actividades. Comezará co a propia festa no pavillón municipal de deportes con xogos e actividades para todos os nenos e pais.

Máis tarde, ás 12.00 horas será a celebración infantil de fin de ano coa toma das 12 uvas e champín por parte dos nenos asistentes.

Neste caso farase na praza do Centro Cívico coas badaladas do reloxo do Concello.