Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Trabada pon en marcha o Punto de Atención á Infancia

Por 2 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Trabada tivo unha xornada de portas abertas do Punto de Atención á Infancia.

Unha das realidades sociais que afectan en maior medida aos municipios rurais é a despoboación, sobretodo nos municipios de interior.

A perda de poboación sufrida polo noso Concello é un dato realmente preocupante, e a intención de fixar poboación un dos pilares da actuación do goberno municipal, por iso levan a cabo tantas iniciativas que favorezan o asentamento das familias.

Consideran igualmente fundamental  contribuir coa conciliación da vida familiar e laboral, como medida coadyuvante da fixación de poboación.

Dende este goberno, consideran que é una necesidade para o Concello  a fin de reducir a despoboación adoptar medidas que favorezcan a implantación de unha escola infantil no  Concello a fin de mellorar o nivel de servizos que colaboran coa conciliación da vida familiar e laboral e a  mellora no asentamento da poboación.

Iniciaron este proxecto fai tres anos, co expediente de desafectación do edificio público de educación, que nesas datas estaba en desuso.

Cren que é fundamental desde as Administracións prestar estes servicios públicos, xa que ademáis de favorecer a conciliación laboral e familiar, destacan polo seu forte poder revitalizador social, educativo e cultural.

O PAI conta con dezasete prazas e un horario de atención de 08:00 a 16:00 horas de luns a venres, agás festivos, calendario laboral e festivos locais. Non hai discriminación horaria.

O servizo do PAI desenvolverase diariamente de luns a venres ambos inclusive, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral, durante oito horas, xa sexa en media xornada (ata 4 horas) ou xornada completa (máis de 4 horas ata 8 horas).

O prezo do servizo varía en función da renda e oscila dende os 17,45 euros ata os 169,26 euros/mes. Tamén se establece que cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto do 50% sobre os prezos anteriores.