Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O 5 de xaneiro terá lugar a Carreira Popular Solidaria de Reis de Barreiros

Por 3 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O 5 de xaneiro terá lugar a Carreira Popular Solidaria de Reis de 7 km e a I Andaina Solidaria (10km), ámbalas dúas organizadas pola área de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros que este ano colle o relevo da organización dunha carreira que se iniciou fai xa 20 anos.

“Queremos darlle un novo enfoque a esta mítica carreira, retomando na proba absoluta un dos circuítos que mais lle gusta ós/ás corredores/as, cunha distancia de 7 km e a creación da primeira andaina solidaria que compartirá parte do recorrido da carreira e contará cunhas vistas espectaculares no entorno da Lagoa dos patos e a Ría do Masma” indica o edil Dani García.

Unha proba solidaria

Parte do recadado coas inscricións tanto na carreira como na andaina será doado a APNED (asociación de pais e nais de nenos con discapacidade da Mariña Lucence) con sede en Barreiros, e da cal forma parte Nico Veiga que foi un dos precursores da carreira no ano 2000. “Decidimos darlle un novo impulso a esta proba mantendo as raíces e a súa razón de ser, unha proba para os verdadeiros/as reis e raíñas, os/as nenos/as, polo que colaboramos cunha asociación que traballa día a día con eles/elas e tamén é unha forma de agradecerlle ós precursores desta carreira, tanto Nico, Suso e os demais colaboradores que sempre fixeron desta data un referente polos seus valores” comenta Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal.

Dende o Concello de Barreiros animan a toda a veciñanza a que participe nas probas así como agradecen a todas as empresas e particulares que desexen colaborar co evento.