Skip to main content

O Concello de Xove continúa coas súas actividades de Nadal. Deste xeito, o venres 3 de xaneiro, ás 19.00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter unha función doble de teatro a cargo dos membros de Aspanane de Viveiro.

O grupo de teatro de Aspanane vai representar dúas obras Cegos e o elefante e O Pícaro de Viveiro. Esta última xa figurou no programa do Nadal do pasado ano, pero foi cancelada debida a enfermidade dalgún dos seus componentes. Pois ben, este ano teremos doble disfrute con este fantástico grupo, e nos emocionaremos con eles un ano máis con estas dúas obras.

Lóxicamente, invitamos a tódalas persoas da Mariña a que asistan a esta doble e estupenda función de teatro en Xove.