Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ourol aprobou os orzamentos que rexirán este ano

Por 8 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Ourol aprobou o orzamento que rexirá o próximo ano e que se mantén igual que o ano pasado, é ascendeu a 2.019.000 euros.

Así, destínanse 50.000 euros para a residencia e o centro de día no que o Concello se compromete a facer unha aportación de 250.000 euros total.

Dentro do capítulo de gastos figuran tamén os servizos de cultura, deporte e actividades recreativas e festivas como a axuda de 3.000 euros para o Festival Aturuxo, 1.000 euros para a Asociación Deportiva Ourol, 1.500 euros para o Club de Lucha de Brazos, e tamén destacan 2.500 euros para a creación dunha carreira puntuable para o campionato galego.

En materia de inversións faranse investimentos en mellora e acondicionamento de pistas municipais, con 226.000 euros financiados pola Deputación ao abeiro do Plan Único 2019.

O alcalde, José Luis Pajón, comentou que “tamén fará algún tipo de axuda da diócese de Mondoñedo-Ferrol para a reparación de algunha igrexa que se atopa en mal estado, e estamos pendientes de todo tipo de subvencións que poidan chegar da Deputación ou da Xunta”.

Ademais, Pajón engadiu que “temos unha partida de case 6.000 euros para a creación dunha plataforma de emerxencias que sería en colaboración coa Guardia Civil, 061 e bombeiros, para que en caso de emerxenxia se chegue máis rápido, xa que dada a dispersión de núcleos e complicada”.